Buscas no BOPPO

As buscas no BOPPO permiten localizar os anuncios que cumpran uns determinados criterios. Para acoutar o número de resultados o portal ofrece a posibilidade de utilizar dúas modalidades:

Busca simple

Permite localizar os anuncios que conteñan o texto introducido polo usuario na caixa de busca.

Busca avanzada

Ademais de por texto introducido polo usuario na caixa de busca, tamén permite restrinxir a consulta por outros criterios como o publicador, o tipo de anuncio, o número de boletín, ou a data de publicación (para estes dous últimos é posible establecer unha marxe tan ampla ou limitada como se desexe).

Para os boletíns publicados antes do 12 de decembro do 2014 o portal mostra ó usuario a lista dos boletíns que cumpren cos criterios de busca indicados, sendo posible consultar ou descargar os arquivos PDF correspondentes.

No caso dos boletíns publicados despois desa data, a aplicación devolverá aqueles anuncios que cumpren cos criterios de busca introducidos, permitindo a súa consulta en formato HMTL ou consulta e descarga como arquivo PDF.

(*) So disponible en boletíns a partir do 12 de decembro de 2014