Solicitude de non publicación e devolución dos anuncios

Se, unha vez que se reciba a orde de inserción xunto co correspondente texto para publicar, o ordenante necesita anular a súa publicación, deberá remitir unha solicitude para que non se publique na que se identifique de forma clara o anuncio; no caso de que solicite a súa devolución esta farase á súa conta.

En calquera caso, se se trata dun anuncio suxeito ao pagamento da taxa, se esta non se paga unha vez transcorrido un mes desde a data de rexistro do edicto, o anuncio non se publicará, salvo casos especiais.