setembro    
    2017    
L M M X V S D
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30

BOPPO número 240

luns, 14 de decembro de 2015

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Municipal

Cambados

Ordenanzas e Regulamentos

APROBACIÓN DEFINITIVA ORDENANZA VIVEROS DE EMPRESAS

De conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais, finalizado o período de exposición pública sen presentarse reclamación ningunha, enténdese definitivamente adoptado o acordo do Pleno do Concello de data 24.09.2015, de aprobación da Ordenanza reguladora do prezo público por utilización dos servizos e instalacións do Centro de Desenvolvemento local de Cambados, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 22/10/2015, procedéndose segundo o disposto no artigo 17.4 do devandito texto legal, á publicación do acordo automaticamente elevado a definitivo.

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS E INSTALACIÓNS DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE CAMBADOS

ARTIGO 1º.—FUNDAMENTO E OBXECTO

De conformidade co disposto nos artigos 127 e 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas Locais, o Concello de Cambados establece os prezos públicos por utilización dos servizos e instalación do Centro de Desenvolvemento local (en adiante CDL), que se rexerán polo establecido nesta Ordenanza.

É obxecto deste prezo público a utilización e aproveitamento das instalación seguintes:

a) Utilización e aproveitamento dos despachos e servizos do CDL polos adxudicatarios e polo tempo establecido na autorización correspondente e do Local en Cesión á Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés, de acordo co establecido na ordenanza reguladora do CDL.

b) A utilización da Sala de Xuntas e aulas de formación do CDL.

ARTIGO 2º.—OBRIGADOS AO PAGO

Estarán obrigados ao pago do presente prezo público:

a) No caso de utilización e aproveitamentos dos despachos e servizos do CDL, as persoas, físicas, xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as sociedades civís, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo proxectos empresariais que poidan ser obxecto de autorización para a súa instalación dentro do CDL, e que resulten adxudicatarias dos locais que se pon á súa disposición conforme ás normas e procedemento establecidos na Ordenanza Reguladora do servizo.

b) No suposto de utilización da Sala de Xuntas e aulas de formación do CDL por as persoas ou entidades enumerados no apartado anterior ou ben distintas aos enumerados no apartado anterior, quen solicite a súa utilización.

ARTIGO 3º.—TARIFAS

a) Para o caso de utilización e aproveitamento dos despachos do CDL que resulten adxudicatarias dos locais que se poñen a súa disposición, conforme ás normas e procedemento establecidos na ordenanza Reguladora do CDL, e a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés no Local en Cesión na primeira planta o importe mensual será o seguinte para cada un dos locais obxecto de cesión no CDL de Cambados:

Planta Baixa Despacho 1 … … … … … … … … … ... ... ... ... ... ... ... ... ... ..... ... 37 €/mes

Planta Baixa Despacho 2 … … … … … … … … … ... ... ... ... ... ... ... ... . ... ... ... 37 €/mes

Planta Alta Despacho 1 ... .. … … … … … … ... ... ... ... ... ... ... ... ... .. ... ... ... 53,65 €/mes

Planta Alta Despacho 2 … … … … … … … … ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... 37,92 €/mes

Planta Alta Despacho Compartido ... … … … ... ... ... ... ... ... ... . ... ... ... ... ... 36,40 €/mes

Local Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés …… … 73,15 €/mes

b) Para o caso de utilización do Local en Cesión para a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés, Sala de Xuntas, aulas de formación, por persoa ou entidade enumeradas no apartado anterior, as tarifas por persoa ou entidade enumeradas no apartado anterior, refírense a unha cota por usurario e hora ou mes, segundo o seguinte detalle:

Sala de Xuntas … … … … … … … ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... 3,00 €/hora

Aula de formación … … … … … … ... ... ... ... . ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... 3,00 €/hora

c) Para o caso de utilización da Sala de Xuntas e aula de formación do CDL, por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, refírense a unha cota por usuario e hora, segundo o seguinte detalle:

Sala de Xuntas… … … … … … … ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ...... ... ... 6,00 €/hora

Aula de formación… … … … … … ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... . ... ... 6,00 €/hora

Valorando o interese representativo, benéfico, cultural, ou social do acto, o Pleno da Corporación ou órgano en quen delegue poderá reducir o importe das tarifas fixadas no apartado 3 b) ou decidir a non esixencia de prezo algún.

Non estarán suxeitos ao pago deste prezo os actos organizados polo Concello, así como as que sexan consecuencia de intercambios, convenios con outras institucións.

As tarifas aplicadas neste apartado inclúen o consumo eléctrico das instalación permanentes do espazo utilizado, pero non o de montaxes especiais para o que sería necesario especificar a empresa encargada da instalación e a potencia a contratar, co fin de dar a correspondente autorización elaborar o orzamento adicional, de ser necesario.

O usuario responderá dos danos e desperfectos que sufran as instalacións.

En todo caso, o importe destas tarifas aplicaráselles o Imposto sobre o Valor engadido correspondente de acordo coa lexislación vixente.

ARTIGO 4.—NORMAS DE XESTIÓN

1. Unha vez iniciado o servizo procederase a aprobar a liquidación que corresponda, na que constarán os datos precisos para a determinación do importe correspondente á mensualidade que na mesma se indique.

A periodicidade das liquidacións será mensual e será pasada ao cobro anticipadamente dentro dos cinco primeiros días de cada mes.

Procederá o prorrateo da tarifa correspondente ao mes de inicio en función dos días que resten ata o último día do mes, pasándose ao cobro xunto coa liquidación da primeira mensualidade seguinte. Tamén se prorrateará a tarifa mensual nos supostos de cesamento, excepto nos supostos de revogación ou perda da autorización por causas imputables ao obrigado ao pago, ou cando, podendo facelo, non comunicase o cesamento ao Concello na primeira quincena do mes anterior a aquel en que se haxa de producir.

2. Para o caso de utilización e servizos da Sala de Xuntas e aulas de formación do CDL polas persoa ou entidades enumeradas no apartado anterior ou distintas aos enumerados no apartado anterior, os interesados deberán presentar a oportuna solicitude ao respecto no Concello de Cambados, dirixida ao Concelleiro de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Industrial e cunha antelación mínima de 10 días naturais á data en que se solicita o uso. O departamento de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Industrial do Concello de Cambados deberá contestar a solicitude, con carácter previo aos 5 días naturais anteriores a data para a que se solicita o uso.

O pago do prezo público efectuarase no prazo indicado na resolución da cesión e, en todo caso, con carácter previo o uso das instalacións.

A reserva da Sala de Xuntas e aula de formación do CDL, considerarase confirmada una vez que se reciba o resgardo do preceptivo ingreso efectuado na entidade bancaria que indique o Concello, no prazo sinalado na notificación da dispoñibilidade da reserva. Transcorrido dito prazo sen terse efectuado o ingreso quedará anulada a reserva.

A anulación da reserva realizada polos interesados, no prazo de 7 días naturais anteriores a data de autorización do uso, terá una retención do 25% do prezo público.

Cando por causas non imputables ao obrigado ó pago non poida procederse a utilización e servizos de Sala de Xuntas e aula de formación do CDL procederá a devolución do importe que estivera ingresado.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Cambados, a 30 de novembro de 2015. A Alcaldesa, Fátima Abal Roma.

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.