setembro    
    2017    
L M M X V S D
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30

BOPPO número 247

mércores, 23 de decembro de 2015

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Municipal

Cambados

Ordenanzas e Regulamentos

PUBLICACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS

De conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais, finalizado o período de exposición pública sen presentarse reclamación ningunha, enténdese definitivamente adoptado o acordo do Pleno do Concello de data 29/10/2015, de modificación de diversas Ordenanzas Fiscais, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 10/11/2015, procedéndose segundo o disposto no artigo 17.4 do devandito texto legal, á publicación do acordo automaticamente elevado a definitivo.

1º.—MODIFICAR PARCIALMENTE A ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES, nos termos que se transcriben a continuación:

ARTIGO 8.—Tipo de gravame e contía

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os bens de natureza urbana queda fixado no 0,58%.

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os bens de natureza rústica queda fixado no 0,3%.

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os ben de características especiais queda fixado no 0,6 %.

A cota íntegra deste Imposto será o resultado de aplicar á Base Liquidable o tipo de gravame. A cota líquida obterase minorando a cota íntegra co importe das bonificacións previstas legalmente.

Para as vivendas desocupadas, establécese un recargo do 10% da cota líquida.

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

2º.—MODIFICAR PARCIALMENTE A ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, nos termos que se transcriben a continuación:

ARTIGO 4.—Tarifas

O imposto se esixirá con arranxo ó seguinte cadro de tarifas:

A) Turismos

De menos de 8 cabalos fiscais : 15,96 euros.

De 8 ata 11,99 cabalos fiscais : 43,11 euros.

De mais de 12 ata 15,99 cabalos fiscais : 91,00 euros.

De mais de 16 ata 19,99 cabalos fiscais : 113,36 euros.

De 20 cabalos fiscais en diante: 155,85 euros.

B) Autobuses

De menos de 21 prazas : 105,37 euros.

De 21 a 50 prazas : 150,07 euros.

De mais de 50 prazas : 187,59 euros.

C) Camións

De menos de 1.000 kgs. de carga útil : 53,48 euros.

De 1.000 a 2.999 kgs de carga útil : 105,36 euros.

De 2.999 a 9.999 kgs. de carga útil : 150,07 euros.

De mais de 9.999 kgs de carga útil : 187,59 euros.

D) Tractores

De menos de 16 cabalos fiscais : 22,35 euros.

De 16 a 25 cabalos fiscais : 35,12 euros.

De mais de 25 cabalos fiscais : 105,36 euros.

E) Remolques e semiremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica

De mais de 750 ata 1.000 kgs. de carga útil : 22,35 euros.

De 1.000 a 2.999 carga útil : 35,12 euros.

De mais de 2.999 kgs. de carga útil : 105,37 euros.

F) Outros vehículos

Ciclomotores : 5,59 euros.

Motocicletas de ata 125 c.c. : 5,59 euros.

Motocicletas de mais de 125 ata 250 c.c. : 9,57 euros.

Motocicletas de mais de 250 ata 500 c.c. : 19,16 euros.

Motocicletas de mais de 500 ata 1.000 c.c. : 38,31 euros.

Motocicletas de mais de 1.000 c.c. : 84,29 euros.

ARTIGO 5.—Bonificacións

Establécese unha bonificación do 100% para os vehículos cualificados como históricos de acordo co RD 1247/1995, de 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos. Asemade, establécese unha bonificación do 100% para aqueles vehículos que teñan unha antigüidade mínima de vinte cinco anos, contados a partires da data da súa fabricación, ou, si esta non se coñecera, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data en que o correspondente tipo ou variantes deixouse de fabricar.

Por outra banda, establécese unha bonificación do 50% durante os catro anos naturais dende a súa primeira matriculación, para os vehículos híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-diesel ou eléctrico-gas) que están homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados a súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes. Para o caso de vehículos de motor eléctrico e /ou emisións nulas, a bonificación será do 60% na cota, sen data do fin de disfrute.

Estas bonificacións terán carácter rogado, debendo acreditarse polo interesado os mencionados requisitos, como máximo no prazo dun mes contado dende o día seguinte a finalización do período de exposición pública do padrón do imposto referido ó ano da súa aplicación.

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

3º.—MODIFICAR PARCIALMENTE A ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE RESIDÚOS SÓLIDOS URBANOS, nos termos que se transcriben a continuación:

ARTIGO 5º.—Beneficios fiscais

Só se admitirán nesta taxa as exencións e bonificacións que veñan establecidas en tratados ou acordos internacionais, ou en normas con rango de Lei, así como nos seguintes casos e mentres se manteñan ditas circunstancias:

A) En virtude do permitido polo artigo 24.4) do TRLRFL, e tendo en conta a situación económica dos suxeitos á taxa que se establece, poderase conceder, por acordo expreso da Xunta de Goberno Local, unha bonificación do 100% ós xubilados ou pensionistas cunha renda familiar inferior ó salario mínimo interprofesional.

Para obter dito beneficio deberase solicitar ante a Alcaldía, con xustificación documental das circunstancias persoais do solicitante, que xustifiquen a concesión de dito beneficio.

B) Naquelas zonas onde non se realice a recollida diaria, e só para vivendas, aplicarase a taxa de “rural”, e non se impoñerá a taxa a aquelas vivendas ou locais que se atopen a máis de 200 mts. de distancia do contedor máis próximo.

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

4º.—MODIFICAR PARCIALMENTE A ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA, nos termos que se transcriben a continuación:

Artigo 5.—Cota tributaria:

A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.

TARIFAS (IVE non incluído)

Concepto

Importe (€/m3) por auga facturada

USOS DOMESTICOS

Mínimo ata 15 m3/mes

0,3642

De 15 a 25 m3

0,4183

De máis de 25 m3

0,4637

USOS COMERCIAIS

Mínimo ata 15 m3/mes

0,4183

Más de 15 m3

0,4637

USOS INDUSTRIAIS

Mínimo ata 40 m3/mes

0,4183

De 40 a 100 m3

0,4637

De máis de 100 m3

0,5089

PARA OBRAS.-

Mínimo ata 100 m3/mes

0,4637

De máis de 100 m3

0,5089

CUOTA DE MANTEMENTO

Usos domésticos (aboado/mes)

3,172

Uso comercial (aboado/mes)

8,358

Uso industrial (aboado/mes)

10,143

Uso xeral de obras (aboado/mes)

11,167

Uso obras vivendas unifamiliares (aboado/mes)

5,584

Facturarase mensualmente ós consumidores de mais de 100 m3/mes que o soliciten

No caso de existir contador xeral computaranse todas as vivendas existentes na edificación

Conservación de contadores (cota por vivenda ou local/mes)

No caso de existir contador xeral computaranse tódalas vivendas existentes na edificación

0,618

TAXA DE REAPERTURA POR CORTE DE AUGA

Taxa de reapertura (euros)

42,62

TAXA DE ACOMETIDA.—(A percibir polo Concello)

Por vivenda ou local

(No suposto de existir un contador xeral computaranse tódalas vivendas ou locais existentes na edificación)

48,25

TARIFAS DE ACOMETIDAS DE AUGA POTABLE E INSTALACIÓN DE CONTADORES

Unidades de obra:

1 Collar de toma de fundición, incluso banda de aceiro inoxidable.

Ml. tubo de P.E. de 16 Atm. de presión de traballo

1 Chave de rexistro de cuadradillo, tipo GREINER ou similar

1 Arqueta con rexistro de fundición

2 a 4 Enlaces latón, tipo GREINER ou similar

Apertura e peche de gavia en terreo normal a unha profundidade máx. de 1,2 m.

Mano de obra realización do montaxe da acometida

Acometidas de 1 a 3 m.:

Diámetro da acometida

Reposición:

3/4”

1”

1 1/4”

1 1/2”

2”

Sen apertura

205,84 €

224,09 €

264,30 €

422,65 €

545,69 €

Terra

284,36 €

302,61 €

342,92 €

501,57 €

624,87€

Asfalto

358,63 €

376,91 €

417,18 €

575,86 €

699,14 €

Formigon

367,01 €

385,27 €

425,56 €

584,21 €

707,51 €

Beirarrúa/lastro

400,20 €

418,48 €

458,75 €

617,43 €

740,70 €

Losa de pedra

558,30 €

575,91 €

593,51 €

746,52 €

874,15 €

Acometidas de mais de 3 m.e ata 10 m. (€/m):

Diámetro da acometida

Reposición:

3/4”

1”

1 1/4”

1 1/2”

2”

Sen apertura

1,39 €/m

2,20 €/m

3,46 €/m

5,35 €/m

8,43 €/m

Terra

27,52 €/m

28,36 €/m

29,67 €/m

31,66€/m

34,87 €/m

Asfalto

52,27 €/m

53,12 €/m

54,42 €/m

56,42€/m

59,63 €/m

Formigón

55,03 €/m

55,92 €/m

57,22 €/m

59,20€/m

62,43 €/m

Beirarrúa/lastro

66,11 €/m

66,98 €/m

68,27 €/m

70,28€/m

73,49 €/m

Lousa de pedra

87,65 €/m

88,53 €/m

89,75 €/m

91,57€/m

94,54 €/m

Os prezos incrementaranse no I.V.E. correspondente

Nota: As acometidas en terreo en roca terán un suplemento de 58,57 € por ml.

TARIFAS DE INSTALACIÓN DE CONTADORES

Os contadores que se utilízan como medidores de caudal están autorizados polo Ministerio de Industria e Enerxía .

Cando o contador a instalar sexa dun diámetro superior a 30 mm. ou ben sexa preciso realizar reformas nas instalacións, presentará o peticionario un presuposto incluíndo man de obra e materiais a empregar.

MATERIAL

Importe

Contador

Importe

Instalación

Importe

total

Ud. contador diam. 13 mm.

42,33 €

29,71 €

72,04 €

Ud. contador diam. 15mm.

48,59 €

30,84 €

79,43 €

Ud. contador diam. 20 mm.

59,33 €

38,09 €

97,42 €

Ud. contador diam. 25 mm.

101,28 €

48,52 €

149,80 €

Ud. contador diam. 30mm.

164,48 €

58,40 €

222,88 €

Tarifa doutros diámetros contadores

MATERIAL

Importe

Contador

Ud. contador diam. 40 mm.

283,43 €

Ud. contador diam. 50 mm.

603,12 €

Ud. contador diam. 65 mm.

747,69 €

OUTRAS TARIFAS

Ud. Válvula de corte diám. 25-32 mm

9,95 €

Ud. Válvula de purga diám. 25-32 mm

5,08 €

Válvula de retención diám. 25-32 mm

5,91 €

Filtro diám. 25-32 mm

10,28 €

Os prezos incrementaranse no I.V.E. correspondente

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

5º.—MODIFICAR PARCIALMENTE A ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIROS, nos termos que se transcriben a continuación:

Artigo 5.—Cota tributaria:

A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.

TARIFAS (IVE non engadido)

Grupos

Usuarios

Cuota Sumid. (€/ano)

I

Vivendas (por unidade), comercios menores (ata 2 empregados), oficinas, locais en galerías, locais valeiros, e semellantes.

44,66

II

Consultas (médicos, avogados, etc.), academias, comercios maiores (máis de 2 empregados), perruquerías, talleres de motos e bicicletas, oficinas bancarias, e semellantes.

89,37

III

Tabernas, bares, cafeterías, pubs, clubs nocturnos, restaurantes, hospedarías (ata 20 habitacións), churrasquerías, hamburgueserías, fábricas de pan, pastelerías, carnicerías, pescaderías, e semellantes.

156,36

IV

Talleres de coches e barcos, tintorerías e lavanderías, imprentas, hospederías (de máis de 20 habitacións), adegas (ata 100.000 litros de producción), e semellantes.

223,37

V

Centros médicos, clínicas, piscinas unifamiliares, cines e teatros, laboratorios, discotecas e salas de festa, bingos, adegas (de 100.001 a 500.000 litros de producción), e semellantes.

268,12

VI

Industrias cárnicas, prefabricados de formigón, fábricas de productos de pedra, estacións de servicio, lavado e engraxe, depuradoras de mariscos, cámpings, piscinas de uso público (non de explotación municipal), adegas industriais (de máis de 500.000 litros de producción), e semellantes.

335,10

VII

Cocedeiros de productos de mar, fábricas de conservas e empresas semellantes.

2.583,34

Taxa de acometida (a percibir polo Concello):

Usuarios incluídos nos Grupos I e II da Tarifa:

140,36

Usuarios incluídos nos Grupos III e IV da Tarifa:

175,45

Usuarios incluídos nos Grupos V e VI da Tarifa:

210,55

Taxa por análise de vertidos: ph, conductividade, sólidos en suspensión totais, D.B.O.5, D.Q.O, fósforo total, nitróxeno amonacal, sulfuro, aceites e graxas, recollida e envío mostra ó laboratorio:

-A solicitude do Concello:

Con resultado positivo (dentro dos límites)

0

Con resultado negativo. (por encima dos límites)

333,31 €

-A solicitude do suxeito pasivo

333,31 €

Taxa por inspeccións periódicas e informes:

-A solicitude do Concello

0

-A solicitude do suxeito pasivo

207,12 €

Prezo de acometidas de saneamento (a percibir polo concesionario):

Zanxa en terra

387,49 €

Zanxa en asfalto

452,08 €

Zanxa en acera

503,75 €

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

6º.—MODIFICAR PARCIALMENTE A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR REALIZACIÓN DAS TAREFAS DE CONTROL E VERIFICACIÓN DE ACTIVIDADES E TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES DE LICENZAS DE APERTURA OU ACTIVIDADE, nos termos que se transcriben a continuación:

ARTIGO 6. COTA TRIBUTARIA

1. Instalación de actividades sometidas ao réxime de comunicación previa para locais menores de 50 metros cadrados: 100 €.

Recargos de superficie:

Superior de 51 m2 e ata 100 m2: 25%.

Superior a 101 m2 ata 200 m2: 50%.

Superior a 201 m2 ata 500 m2: 100%.

Superior a 501 m2 ata 1.000 m2: 200%.

De máis de 1.000 m2: 300%.

2. Instalación de actividades que requiran a tramitación de autorización sectoriais por motivo da súa incidencia sobre a protección do medio ambiente, do patrimonio histórico artístico, seguridade ou saúde pública: cota base do apartado 1, incrementado en 70 €.

3. Nos supostos de transmisión da titularidade das licenzas de actividade e/ou apertura así como da titularidade das actividades suxeitas ao réxime de declaración responsable ou comunicación previa, aplicarase unha cota por importe de 75 €.

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

En Cambados, a 17 de decembro de 2015.—A Alcadesa, Fátima Abal Roma.

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.