setembro    
    2017    
L M M X V S D
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30

BOPPO número 247

mércores, 23 de decembro de 2015

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Municipal

Cambados

Ordenanzas e Regulamentos

APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA PLAN MADRUGA

De conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais, finalizado o período de exposición pública sen presentarse reclamación ningunha, enténdese definitivamente adoptado o acordo do Pleno do Concello de data 29.10.2015, de aprobación da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades organizadas por monitores nas parroquias e pola prestación do servizo do Plan Madruga no Concello de Cambados, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 10/11/2015, procedéndose segundo o disposto no artigo 17.4 do devandito texto legal, á publicación do acordo automaticamente elevado a definitivo.

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN
DE ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR MONITORES NAS PARROQUIAS E POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DO PLAN MADRUGA NO CONCELLO DE CAMBADOS

Artigo 1º.—Natureza e fundamento

De acordo co disposto no artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o Prezo Público pola prestación de actividades organizadas por monitores nas parroquias e pola prestación do servizo do Plan Madruga no Concello de Cambados.

Artigo 2º.—Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible deste prezo público:

A asistencia ás actividades organizadas por monitores do Concello nas parroquias (iniciación á informática, animación á lectura, inglés….)

A utilización do servizo do Plan Madruga, isto é, na recepción e atención de alumnos/as nas horas previas ó inicio da xornada escolar propiamente dita.

Poderán acceder a ditas actividades:

Os suxeitos empadroados no Concello de Cambados.

Os non empadroados que teñan o seu posto de traballo no termo municipal de Cambados.

Artigo 3º.—Suxeitos obrigados ó pago

Son suxeitos obrigados ó pago as persoas físicas que se beneficien dos servizos ou actividades prestadas por este Concello.

Artigo cuarto.—Contías das actividades gravadas

Establécense a tarifa de 4 €/mes para cada unha das actividades que se organicen e pola utilización do servizo do Plan Madruga.

Artigo quinto.—Xestión

O suxeito pasivo deberá efectuar o ingreso correspondente no momento de presentala solicitude de asistencia ás actividades ou ó Plan Madruga para que esta sexa admitida a trámite, e para o que terá que persoarse nas oficinas municipais a efecto de que se emita o correspondente recibo.

Na solicitude deberá constar como mínimo: datos identificativos completos, dirección, teléfono de contacto, actividade que se solicita. Asemade deberá constar un número de conta onde o Concello poida efectuar a devolución do ingreso en caso de que non sexa admitida a solicitude.

O ingreso non faculta ó interesado para acceder as actividades solicitadas, que só poderán ser disfrutadas cando o Concello conceda a autorización correspondente, e que será debidamente comunicada ó interesado.

Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo a prestación non se leve finalmente a cabo, o Concello procederá a devolución do ingreso efectuado.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Cambados, 17 de decembro de 2015.—A Alcaldesa, Fátima Abal Roma.

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.