setembro    
    2017    
L M M X V S D
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30

BOPPO número 21

martes, 2 de febreiro de 2016

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Municipal

Cambados

Ordenanzas e Regulamentos

APROBACIÓN DEFINITIVA ORDENANZA FURANCHOS E LOUREIROS

De conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais, finalizado o período de exposición pública sen presentarse reclamación ningunha, enténdese definitivamente adoptado o acordo do Pleno do Concello de data 26/11/2015, de aprobación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola realización de tarefas de control, verificación e tramitación dos expedientes de apertura de furanchos e loureiros do Concello de Cambados, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 14/12/2015, procedéndose segundo o disposto no artigo 17.4 do devandito texto legal, á publicación do acordo automaticamente elevado a definitivo.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA REALIZACIÓN DE TAREFAS DE CONTROL, VERIFICACIÓN E TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES DE APERTURA DE FURANCHOS E LOUREIROS DO CONCELLO DE CAMBADOS

Artigo 1º.- Natureza e fundamento

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/ 1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e en conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola realización de tarefas de control, verificación e tramitación dos expedientes de apertura de furanchos e loureiros do Concello de Cambados, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, e polo previsto na citada normativa.

Artigo 2º.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza- la venda e consumo de viño nos furanchos e loureiros do concello de Cambados.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos contribuíntes os colleiteiros que pretendan vende- lo viño en furanchos e loureiros.

Artigo 4º.- Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Cota tributaria

A Cota Tributaria modúlase en función do volume de viño á venda, segundo os seguintes tramos:

Ata 500 litros, 30 euros.

Ata 1.000 litros, 60 euros.

Ata 1.500 litros, 90 euros.

Ata 2.000 litros, 120 euros.

Ata 2.500 litros, 150 euros.

Artigo 6º.- Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da Taxa, agás as expresamente previstas en normas con rango de Lei e as derivadas da aplicación de tratados internacionais.

Artigo 7º.- Devengo

Devengarase a Taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúa o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma unha vez obtida a autorización.

Artigo 8º.- Infraccións e sancións

1. En todo o relativo a infraccións tributarias e a súa calificación, así coma ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas na Lei Xeral Tributaría, e disposicións concordantes de aplicación.

2. A imposición de sancións non suspenderá, en ningún caso, a liquidación e cobro das cotas devengadas non prescritas.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

Cambados, 22 de xaneiro de 2016. A Alcaldesa. Fátima Abal Roma.

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.