Consulta do BOPPO

Consulta do BOPPO

Logo sección informacion ó cidadan

Dende o portal do BOPPO pódense consultar todos os boletíns oficiais da provincia de Pontevedra publicados dende o 1/1/2000 ata a actualidade. Para a consulta dos mesmos existen dúas modalidades en función de súa data de publicación:

  • O boletíns anteriores ao 12 de decembro do 2014 pódense descargar como un arquivo PDF único que engloba todos os anuncios publicados no boletín. Para acceder a un anuncio se deberá seleccionar o día que se desexe consultar no calendario de publicación. Alternativamente pode indicarse directamente a data desexada no formulario establecido ao efecto. De calquera destas formas se descargará o arquivo PDF do boletín completo de esa data.
  • Os boletíns posteriores a esta data están publicados con anuncios independentes que permiten a consulta destes en formato HTML e/ou PDF. O acceso aos mesmos realízase dende o sumario de cada día. A tal fin na páxina principal do portal inclúese un enlace ao sumario do último día no que se realizou a publicación do BOPPO. Para outras datas débese realizar unha navegación polo calendario como se comentou no apartado anterior, ou indicar a data concreta no formulario correspondente.

    Unha vez seleccionado o boletín se presenta o sumario do mesmo nunha páxina HTML con enlaces para cada un dos anuncios publicados en formato HTML e PDF. Adicionalmente, ofrécese a posibilidade de descargar o propio sumario en formato PDF ou o boletín completo tamén en formato PDF.

    O anuncios en formato HTML ofrecen a posibilidade de descargar o arquivo PDF oficial do anuncio. Ademais, dado que os anuncios se publican no idioma que establece o publicador, na páxina do anuncio ofrécese a posibilidade de consultar unha tradución automática do mesmo. En todo caso trátase de unha funcionalidade orientada a facilitar a consulta do anuncio, pero que non ten validez legal.

Descargar por data

Escolla unha data no almanaque

    Febreiro    
    2017    
Calendario del mes Febreiro
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 1 2 3 4 5

Ou, se desexa, introduza directamente a data

Tamén pode ver o calendario completo do ano