Instrucións para o envío de anuncios ó BOPPO

Instrucións para o envío de anuncios ó BOPPO

Logo sección de información anunciante

As solicitudes de inserción de anuncios no BOPPO deberán realizarse obrigatoriamente a través da páxina www.boppo.depo.es/solicitude-insercion seguindo estes pasos (optimizado para os navegadores Microsoft IE9 ou superiores, Google Chrome e Mozilla Firefox):

  • Cubrir o modelo oficial de solicitude de inserción de anuncios, tendo en conta que xunto cos datos da solicitude deberá achegarse o contido do anuncio nun único arquivo en formato de Word ou Open Office editable. Para elo recomendase utilizar as plantillas de solicitude de inserción de anuncios que pode descargar dende a sección "Descarga de documentos" da páxina Web www.boppo.depo.es
  • Premer o botón enviar
  • Descargar e imprimir o xustificante electrónico de orde de inserción xerado pola web trala realización do envío, que incluirá un código único de solicitude
  • Presentar no rexistro da Deputación de Pontevedra o xustificante, impreso, de orde de inserción, que inclúe o código único de solicitude, xunto cos orixinais que se queren publicar no BOPPO en soporte papel, tendo en conta que debe presentarse unha orde de inserción por cada anuncio que se pretenda publicar
  • O texto do anuncio publicarase na mesma forma e nos mesmos termos nos que se presente
  • O solicitante da inserción é o responsable de que exista concordancia entre a orde de inserción e o anuncio correspondente. No caso de que non exista esta concordancia anularase a solicitude e será necesario volver a repetir o proceso
  • Non se publicarán os anuncios recibidos por medios alternativos ó mencionado como fax, telefax, correo electrónico, etc
  • Estas instrucións son de obrigado cumprimento a partir do día 23 de Febreiro de 2015
Plantilla Microsoft Office Word 2007.doc Plantilla Microsoft Office Word 2007.docx Plantilla Apache OpenOffice Write Modelo de autoliquidación anuncios Resolución presidencial: Novo procedemento de remisión de anuncios